Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0012/38
Clasificación Genérica Metais
Objeto/Documento Cama de freo de cabalo
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición
Dimensiones Altura = 1,30 cm; Diámetro = 9,79 cm; Grosor = 0,38 cm; Peso = 154,08 gr
Descripción Cama circular de bocado de cabalo. Recortada nunha prancha de bronce, mostra no perfil exterior unha serie de dixitacións e na parte central unha decoración calada por medio de doce raios. A perforación pola que pasan os canóns do filete, dos que penden as argolas para pasar as rendas, sitúase no centro, enmarcada por unha moldura na que se observan sinais de uso de desgaste. O enganche do montante que unía o freo á cabezada está roto, aínda que pola súa disposición debía ter forma trapezoidal.
Datación 251=400 (Mediados do século III - século IV d. C.)
Contexto Cultural/Estilo Tardorromano
Uso/función Arreos de cabalería
Lugar de Procedencia San Tomé (Tras do Hospital)
Lugar Específico/Yacimiento Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Clasificación Razonada Este tipo de rodas forman parte dun freo de filete articulado, impedindo danar a boca do cabalo, sen perder por iso control e mobilidade sobre a condución, o que supón un avance técnico importante sobre os filetes ríxidos.
Esta peza foi recuperada no "Sector II. Ampliac.espazo capa 2ª respecto ó muro central" durante a intervención do ano 1988 no Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé, xunto co broche de cinto tipo Santomé e outro tipo Simancas.
Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Cama de bocado de cabalo. Santomé. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 02/2005. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2005_02_gal.pdf> Consulta: 04/04/2018.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Conxunto arqueolóxico de Santomé (Ourense). Arqueoloxía-Informes 2. Campaña 1988. Coruña (A) (l): Xunta de Galicia, 1991. pp. 81-85.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé. Guía Arqueolóxica. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 2000. pp. 36-37.

VV.AA.. Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural. Ourense (l): Museo Arqueolóxico de Ourense. Xunta de Galicia, 2019. p. 133, nº 182.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

 

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6